EU MERCO EN VIANA

comproenviana.com

En Viana disfrutamos de gran riqueza gastronómica, no sólo increíbles productos locales, si no  también unos restaurantes que ofrecen comida tradicional.

Entre nuestros productos locales se encuentran la Androlla, un embutido que tiene su origen en Viana do Bolo. Embutidos, miel, carne de vacuno, corderos y productos frescos, como patatas, huevos, y muchos muchos mas, descúbrelos!

Riqueza Gastronómica
 

En Viana gozamos de gran riqueza gastronómica, no só incribles produtos locais, se non tamén uns restaurantes que ofrecen comida tradicional.

Entra e descubre os nosos produtos locais: androlla,  embutido orixinal de Viana do Bolo; mel, carne de vacún,  produtos frescos, como patacas, ovos e moito máis, descúbreos!

Riqueza Turística

A nosa comarca ofrece moitas oportunidades para gozar.

A xente en Viana fará que te sintas coma na casa e recomendarache onde comer as mellores tapas e beber bo viño. Aínda que nós recomendamos que non vos perdades nada.

Aquí poderás atopar onde durmir, onde comer e onde beber.

Variedade de servizos
 

Non hai nada mellor que poder chamar a unha persoa profesional, saber quen é e saber que é de confianza. En Viana coñecémonos todos e todas e aquí vos deixamos a lista para construción, servizos e calquera arranxo na casa; dende electricidade,  a mecánica, pasando por albanelería e carpintería, etc.  

eu confío

Tendas

O noso comercio local coida e mima cada produto que ofrece, é de confianza e trato personalizado.

Detrás do mostrador, atoparás persoal especialista e profesional  que poderá darche consello sen apuros, con coñecemento e atención. Un persoal que coñecemos e que nos coñece. Son os/as nosos/as veciños/as e confiamos neles/as. Sabes que che darán o mellor porque queren volver verte.

Viana do Bolo

Esta páxina é unha iniciativa do Concello de Viana do Bolo para fomentar e incentivar o comercio local KM 0. O comercio de proximidade ten un importancia dende o punto de vista urbano, social, económico e creador de emprego.

 Non só os produtos locais, xunto cos servizos vianeses son excepcionais, se non que o comercio de proximidade supón un elemento fundamental na dinamización da economía local.

Ademais, o comercio próximo presenta certas vantaxes fronte a outros formatos comerciais como a reinversión das ganancias no entorno máis próximo ou a xeración de ciclos de distribución máis curtos, o cal supón un menor impacto ambiental e, polo tanto, un modelo de consumo máis sostible.

Si tes unha empresa en Viana e queres formar parte desta páxina, ponte en contacto con nós a través do “link” de abaixo. 

Screen Shot 2020-05-13 at 20.44.56.png

Directorio comercial

Viana do Bolo

Información sobre o directorio, ou se desexa anunciar no directorio:

directoriovianadobolo@gmail.com